Saturday 27 de April de 2024

O BNG de Oleiros amosa a súa fonda preocupación polo impacto para a biodiversidade do Monumento Natural da Costa (DES)protexida de Dexo


O BNG de Oleiros amosa a súa fonda preocupación polo impacto para a biodiversidade do Monumento Natural da Costa (DES)protexida de Dexo, da celebración dun Trail o 26 de marzo con 350 participantes en pleno período de aniñamento de especies. e demanda a suspensión inmediata da actividade deportiva Solicitamos ademáis que se procure un emprazamento alternativo

Iván Roca, concelleiro do BNG de Oleiros “Queremos coñecer de inmediato os presuntos informes de Medio Ambiente e Patrimonio, cal vai ser o itinerario do Trail, se afecta a propiedade dos veciños e as medidas de todo tipo que se van tomar. A Xunta mantén un escurantismo incomprensíbel sobre este asunto, non existe ningunha información oficial ”

A día de hoxe non se ten constancia absolutamente de nada, nin do trazado do percorrido, nin da incidencia sobre o patrimonio do Monumento, nin de quen o aprobou, con que informes, nin do papel do Concello na autorización do Trail.

Iván Roca, concelleiro do BNG de Oleiros “Semella que a declaración de monumento natural é pouco máis que papel mollado e un nome rimbombante e sen ningún tipo de contido ou protección. Queremos coñecer de inmediato os presuntos informes de Medio Ambiente e Patrimonio. Queremos saber cal vai ser o itinerario do Trail. A Xunta mantén un escurantismo incomprensíbel sobre este asunto, non existe ningunha información oficial ”

O BNG de Oleiros demanda a SUSPENSIÓN INMEDIATA da autorización da proba e que nunca máis teña lugar na Zona de Especial conservación (ZEC) Rede Natura Costa (DES)protexida de Dexo, Monumento Natural e Zona de Reserva da Biosfera. Pedimos ademáis que se procure un emprazamento alternativo

O Concelleiro do BNG en Oleiros solicitou acceso a través da Concellaría ou servizo municipal correspondente, para a súa consulta, o expediente referido a celebración do noveno “ Costa-Trail de Oleiros”, e a documentación xerada co gallo do mesmo da que se dispoña no Concello

Oleiros, 76 de marzo de 2023. O 26 de marzo vai ter lugar no Monumento Natural Costa (DES)protexida de Dexo o noveno “ Costa-Trail de Oleiros”, carreira pedestre de montaña de iniciativa privada. A proba atravesa iíntegramente o a Zona de Especial conservación (ZEC) Rede Natura Costa de Dexo, catalogadao ademaáis, e aoi abeiro do Decreto 101/2000, como Monumento Natural e Zona de Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesa e Terras do Mandeo”, zona que se ve ameazada por unha proba deportiva altamente invasiva e absolutamente incompatíbel coa conservación dos valores polos que foi declarado espazo protexido..

O Plan director da Rede Natura 2000 de Galiza indica no seu artigo 61.3, relativo á Normativa Xeral aplicable ao uso público e actividades deportivas nos espazos Rede Natura:

Só serán autorizábeis nestes espazos as devanditas probas cando “non leven consigo afeccións apreciables sobre o estado de conservación dos hábitats ou das especies de flora e fauna silvestre” A Xunta é a competente para autorizar estas probas e ”poderá fixar condicións específicas para a súa realización ou, no seu caso, a súa prohibición cando poida afectar de forma apreciable ao estado de conservación dos hábitats de interese comunitario ou aos hábitats das especies de interese para a conservación. Requirirán tamén autorización expresa calquera tipo de sinalización, a excepción das establecidas en áreas urbanas e núcleos rurais que se rexerán pola normativa municipal correspondente, das recollidas nas normativas sectoriais, e das que poidan establecer os órganos competentes no mantemento das súas correspondentes infraestruturas”.

Alén da potencial incidencia no patrimonio colectivo (Castro das Rozas) e na importante e diversa reserva de flora e fauna que este Monumento Natural posúe, estamos ademaáis perante unha zona de referencia de colonias de aves mariñas na Galiza, que albergando 82 especies de aves, 57 das cales son especies que aniñan, nomeadamente na especie de corvo mariño cristado, especie para cal a Costa de Dexo é a zona costeira máis importante da Península. 350 persoas correndo a escasa distancia de niños activos, e en pleno período reprodutivo ou con pitos de poucos días, poderían causar danos graves e irreparábeis.

Cómpre salientar que a propia Federación eEspañola de mMontaña e eEscalada establece que “eEl desarrollo de carreras por montaña debe desestimarse en los espacios naturales protegidos más sensibles o en algunas zonas de aquellos otros espacios, donde sus condiciones de alto valor ambiental, elevada sensibilidad y fragilidad ecológica (flora, fauna o gea), así lo aconsejen.”

O concelleiro do BNG de Oleiros, Iván Roca Cruz, afirma que “sSemella que a declaración de monumento natural é pouco máis que papel mollado e un nome rimbombante e sen ningún tipo de contido ou protección. Dispoñemos de moitísimos lugares para a realización destas actividades de lecer e deporte tan necesarias e saudábeis, mais preguntámonos se é preciso temos que desenvolvelas xusto no lugar máis sensíbel e digno de protección do Concello e dos máis importantes da Galiza”.

O BNG ten coñecemento, tanto directo como a través de queixas da veciñanza, de que un tractor particular está a achandar terreos de propiedade privada dos veciños, próximos á casa do Pobo de Dexo e que penetran na Costa (des)protexida de Dexo, coa presunta finalidade de crear NOVOS camiños e itinerarios, circunstancia que nos preocupa en grande medida.

No pleno do mes de febreiro, o Concelleiro do BNG Iván Roca, formulou as seguintes prerguntas:

“ O 26 de marzo vai ter lugar no Monumento Natural Costa de Dexo un Trail. Semella que a declaración de monumento natural é pouco máis que un nome rimbombante e sen ningún tipo de contido e protección. Dispoñemos de moitísimos lugares para a realización destas actividades de lecer e deporte tan necesarias e saudábeis, mais temos que desenvolvelas en lugares de tal riqueza patrimonial, de flora e fauna. O lugar máis sensíbel e digno de protección do Concello e dos máis importantes da Galiza.

Que rol desenvolve o Concello no expediente da autorización do Trail?. Coñece o Concello polo miúdo o percorrido deste Trail masivo aos efeitosefectos de garantir a máxima protección do ecosistema único en pleno periodoperíodo de aniñamento de especies, alén da protección dos castros da contorna ?. Sabe se abrirán novos camiños e decorrerán por leiras privadas nestes novos itinerarios?”.

O Alcalde respostou que había un particular que, co consentimento dos propietarios, estaba a achandar camiños cun tractor no marco do trazado do Trail.

O 27 de febreiro, o Concelleiro do BNG en Oleiros apresentou por Rexistro no Concello de Oleiros acceso a través da concellaría ou servizo municipal correspondente, para a súa consulta, ao expediente referido áa celebración o noveno “ Costa-Trail de Oleiros”, e a documentación xerada co gallo do mesmo da que se dispoña no Concello.

O 16 de febreiro aA Xefatura Territorial da Consellaría de Medio Ambiente da Coruña elevouse consulta por parte de veciñas de Dexo, a devandita Xefatura manifestou vía email correo electrónico, descoñecer absolutamente a existencia dun Trail na Costa de Dexo, e de feito manifesta que nesta institución non consta ningunha solicitude a ese respecto.

A única información da existencia do “ IX Costa-Trail de Oleiros” figura na páxina web da entidade privada organizadora. Descoñecemos, a nível nivel oficial, absolutamente todo sobre este invasivo e potencialmente perigoso Trail. Non se coñece se foi autorizado nin cando, o trazado, non se coñece que departamento da Xunta o aprobou, non se sabe cal foi a intervención preceptiva de Medio Ambiente e Patrimonio, non son públicas as medidas que se van tomar para protexer a biodiversidade e patrimonio ameazados ou as medidas de control anteriores e posteriores a celebración do mesmo. Non se sabe se van ser abertos novos camiños, se invaden propiedade privada, se existe autorización dos veciños. Descoñécese a participación e o rol que desenvolverá o Concello. Carencia absoluta de información e transparencia na liña habitual da Xunta da Galiza no Concello de Oleiros, onde xa estamos habituados as súas cotiás desfeitas e chafalladas. O BNG no Parlamento galego vai proceder a demandar toda a información sobre o Trail “fantasma” que terá lugarna Costa (des)protexida de Dexo, solicitando aclaracións sobre quen, como e con que informes se autorizou esa proba, o trazado e afectación a patrimonio medio ambiental e cultural e sobre os controis que se van tomar. O que está absolutamente claro é que a Xunta non consultou absolutamente a ningún colectivo ecoloxista, nin veciñal nin abriu ningún período público de reflexión sobre a procedencia ou incidencia da proba. O BNG no Parlamento galego vai proceder a demandar información clara sobre o Trail “fantasma” na Costa (des)protexida de Dexo no Parlamento galego.

Dende o BNG, demandamos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que reconsidere se é o máis acaído para unha zona protexida destas característica s que, 350 persoas a corran correr en pleno período de aniñamento de aves pola totalidade do Monumento Natural, fixando novas sinalizacións que en moitos dos casos fican e non se retiran, alén de todos os traballos preparativos previos e posteriores á propia proba. Demandamos, pois, a inmediata suspensión do Trail e que non volte volva ter lugar na até o de agora Costa (des)protexida de Dexo, Zona de Especial conservación (ZEC) Rede Natura Costa de Dexo e Zona de Reserva da Biosfera, cuxas proteccións oficiais na que na práctica é non equivalen a igual a nada. Dende o BNG ofrecémonos para procurar itinerarios alternativos ao lugar máis sensíbel e digno de protección do Concello e dos máis importantes da Galiza.

É cuestión de vontade política de asunción das propias responsabilidades en materia da máxima protección medioambiental e patrimonial. A Xunta da Galiza desatende as súas competencias e desgoberna, fica moito máis preocupada de espúreosespurios intereses electorais que de gobernar para a cidadanía.

Temos moitos exemplos de suspensión deste tipo de probas masivas e absolutamente invasivas, sirva como mostra a resolución do Departamento de Sostenibilidade e Medio Natural da Deputación de BizkaiaBiscaia na que se prohíbeprohibe a proba decana dos trails de montaña, por tratarse dun evento de participación masiva ao e decorrer a proba polo ZEC DE ORDUNTE, zona especial de conservación do Territorio de BizkaiaBiscaia, , por ser zona especial de conservación de Especies Silvestres, en concreto, las Aaves Nnecrófagas como o voitre exipcio e flora como os brezais as breixeiras húmidaos. Agardemos a que a Xunta estea á altura do Monumento Natural e siga estes exemplos.

Dende o BNG queremos voltaver a deixar claro, máis unha vez, o noso máis absoluto apoio e compromiso coa actividade física, o desporto deporte e as competicións deportivas de todo tipo que teñan lugar no Concello;, é máis, promovémolas e alentámolas,: carreira si, mais no non así, nun Monumento Natural.